Vilanova de Arousa está integrado na Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo pasa por promocionar e dar a coñecer a enogastronomía vinculada ao territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas.
No municipio poderás atopar ata tres adegas visitables incluídas dentro desta ruta enogastronómica. Estas son Adegas Gran Bazán,Pazo Baión y Gran Vinum. Están abertas a visitas todo o ano e, durante o teu percorrido polas súas instalacións, poderás descubrir os segredos da elaboración dos viñis da D.O. Rías Baixas, así como a singularidade dos seus matices.
Unha experiencia que culminarás coa degustación dos diferentes viños con indicativo de calidade e orixe elaborados por estas adegas, maridados con produtos quilómetro cero e típicos da zona. Así que, se queres desfrutar da enogastronomía vilanovesa, non te perdas a oportunidade de realizar un percorrido polas súas tres adegas.
Usamos cookies para asegurarnos de que che ofrezamos a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás satisfeito con isto.AceptarNoPolítica de cookies