Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Insignias de Ouro e Brillantes

A Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa conta cun nutrido programa de actividades.

Desde o ano 1997, a Festa do Mexillón e o Berberecho, coa colaboración do Concello de Vilanova de Arousa, homenaxeou a preto de 80 personalidades de distintos ámbitos (institucional, cultural, deportivo, social…) coas Insignias de Ouro e Brillantes da celebración. Deste modo, recoñécese a labor desenvolvida a favor da promoción e difusión dos produtos estrela desta celebración, así como dos sectores do mar e conserveiro, directamente vinculados a eles, e tamén pola súa contribución á mellora da sociedade vilanovesa desde distintos ámbitos.

A entrega oficial destas distinción adoitase realizar nos xardíns da Casa-Museo Valle-Inclán, un dos espazos icónicos da capital municipal. O acto adoita estar presidido polo alcalde, así como por outros representantes de diferentes institucións, como a Xunta ou a Deputación de Pontevedra, ademais de integrantes da organización da festa.

Scroll ao inicio