A aposta polo comercio local tamén ten o seu espazo na Festa do Mexillón e o Berberecho a través da celebración da Feira de Oportunidades.
A cita desenvólvese na Avenida do Recheo durante as catro xornadas da celebración en horario ininterrompido de 10.00 a 23.00 horas.
A agrupación Vilanova Centro, que agrupa diversos establecementos comerciais da localidade, promove esta iniciativa dentro da celebración ofrecendo grandes descontos en distinto tipo de produtos. A feira de oportunidades conta cunha vintena de postos nos que se poden adquirir a prezos reducidos pezas de roupa, calzado, bixutería e ata artigos de botánica.