Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Procesión mariñeira

Un dos momentos máis emotivos e vistosos da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa é a procesión mariñeira desenvolta na honra á Virxe do Carme, patroa das xentes do mar.

A Confraría da Pastoriza, fundadora da celebración, toma o protagonismo nesta actividade, que comeza con unha misa solemne na honra á Virxe do Carme na igrexa parroquial de San Cibrán.

O momento máis vistoso chega cando, pola tarde, os mariñeiros trasladan a imaxe da Virxe dende a capela ata o entorno da estación marítima Mar de Santiago. Alí, o paso atópase coa escultura que garda o peirao vilanovés.

Tras este encontro, comeza a procesión marítima. Decenas de barcos engalanados con flores e grilandas de bandeiras comezan a tradicional procesión que chega ata as proximidades da ponte do veciño municipio da Illa de Arousa. Durante o percorrido realízase unha emotiva parada, na que as persoas participantes arroxan flores á auga en recordo as vítimas que se cobrou o mar.

Ao seu regreso, a comitiva é recibida por grupos musicais para dar paso ao final da celebración do Día do Carme dentro da Festa do Mexillón e o Berberecho.

Scroll ao inicio