Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Qué e

A Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa é unha exaltación gastronómica que naceu en 1994 do interese dos produtores do municipio por poñer en valor dous dos seus produtos estrela.

Como vila mariñeira, o traballo nas bateas e o marisqueo conforman a base da economía local, que se ve reforzada cun importante tecido conserveiro radicado neste municipio.

O arraigo e a tradición dos oficios do mar pódense ver na propia paisaxe de Vilanova de Arousa. Da importancia deste sector naceu a Festa do Mexillón e o Berberecho, como unha homenaxe ás distintas xeracións de veciños e veciñas que traballan no mar e que viven por e del.

De feito, a carpa gastronómica conforma un dos principais reclamos desta cita. Bateeiros, cocedoiros e mariscadores contribúen tamén a esta festa aportando produto, converténdose así, nun evento que xunta múltiples colaboradores coa intención de promocionar a localidade e os seus atractivos turísticos a través da súa gastronomía e do seu mar.

Co paso do tempo, a Festa do Mexillón e o Berberecho foron incorporando outro tipo de actividades ata ampliar o seu programa a case unha semana. Nel combínase a degustación gastronómica con actuacións musicais, a tradicional procesión en honra á Virxe do Carme -patroa das xentes do mar-, a imposición das insignias de ouro e brillantes, a feira de oportunidades e actividades infantís, entre outras propostas.

Scroll ao inicio