Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Música

As actuacións musicais son outras das grandes protagonistas da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa.

Ademais das actuación de grupos musicais tradicionais da zona e charangas ofrecendo pasacalles, as veladas destacan polos espectáculos de orquestras e bandas de recoñecido prestixio.

As localizacións, dependendo do tipo de actuación da que se trate, varían entre o Xardín Umbrío e o Parque do Cabo. Un dos principais obxectivos do programa festivo é combinar distintos estilos musicais (dende o folk ata os ritmos máis modernos).

 

Música para todas as idades e gustos! E de entrada libre!

Scroll ao inicio