Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Plans
Turismo cultural
Berce de grandes literatos, Vilanova de Arousa convértese nun referente do turismo cultural. No noso municipio ofrecémoste ata 3 itinerarios culturais que te levarán pola vida e obra de Ramón María del Valle Inclán e tamén dos irmáns Camba -e, máis concretamente, de Julio Camba-. Fai clic nos botóns para descubrir os principais puntos polos que pasan.
Itinerario Valleinclaniano Urbano
A través deste percorrido podes seguir a vida e obra do creador do Esperpento a través de diferentes enclaves en Vilanova. O itinerario levarache por distintas capelas e igrexas, ademais de polas dúas Casas-Museo que te podes atopar na localidade.
Os principais puntos polos que discorre son a Capela da Encarnación; a Casa-Museo dos Irmáns Camba; a Torre de Cálogo; a Igrexa da San Cibrán de Cálogo; a Capela de San Maura; a Casa do Cantillo; a Igrexa da Pastoriza, e a Casa-Museo Valle-Inclán. Podes consultar todos os detalles sobre este percorrido na web de Vilanova Turismo.
Itinerario Valleinclaniano No Urbano
As igrexas e os seus patróns foron unha constante nas obras de Ramón Mª del Valle-Inclán. O itinerario Valleinclaniano Non Urbano ofréceche un percorrido por diferentes puntos que, dunha maneira ou outra, aparecen nas obras do escritor. Dado que nalgunhas ocasións é difícil concretar a correspondencia directa entre os lugares e as paisaxes valleinclanianos, este percorrido ofréceche paradas que se converten en auténticos miradoiros literarios. Para elo deberás pasar por distintas parroquias do municipio vilanovés.
Máis concretamente, o roteiro comeza na igrexa de Santa María de Caleiro para despois continuar polas capelas das Angustias e de San Roque. Seguirás o percorrido pola igrexa de San Miguel de Deiro e pola capela de San Miguel (no Pazo de Rúa Nova). As seguintes paradas realizaralas na igrexa de San Esteban de Tremoedo; nas Capelas de Santa Marta e de San Simón, e na igrexa parroquial de San Juan de Baión. O itinerario Valleinclaniano non urbano finaliza na igrexa de San Lorenzo de András, cuxo topónimo aparece en numerosas obras de Valle-Inclán.
Itinerario de Julio Camba
Outra das figuras insignes de Vilanova de Arousa es Julio Camba, periodista de renome, considerado como o primeiro correspondente no estranxeiro de España, ademais de pola súa faceta de escritor. A pesar de que Camba residiu en Vilanova ata a súa adolescencia, sempre considerou a capital vilanovesa o seu espazo de refuxio e así o reflexou na súa obra.
Se queres visitar os lugares que marcaron a vida do periodista, recomendámoste que realices o itinerario que leva o seu nome. O teu percorrido partirá da Casa-Museo Irmáns Camba, que alberga unha completa exposición que te achegará á vida e obra de Julio e Francisco Camba.
Dende alí pasarás polo seguintes puntos: a Capela da Encarnación; a praia do Terrón; o Consistorio de Vilanova de Arousa; a rúa de O Cabo e o antigo Casino e a Botica de Pepe Roig. Rematarás o percorrido na Casa de Pastor Pombo, considerado como un dos mellores amigos do xenial periodista vilanovés. Se queres coñecer máis detalles sobre este itinerario, só tes que visitar a web de Vilanova Turismo.