Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Plans
Enogastronomía
Vilanova de Arousa está integrado na Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo pasa por promocionar e dar a coñecer a enogastronomía vinculada ao territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas.
No municipio poderás atopar ata tres adegas visitables incluídas dentro desta ruta enogastronómica. Estas son Adegas Gran Bazán, Pazo Baión y Gran Vinum. Están abertas a visitas todo o ano e, durante o teu percorrido polas súas instalacións, poderás descubrir os segredos da elaboración dos viñis da D.O. Rías Baixas, así como a singularidade dos seus matices.
Unha experiencia que culminarás coa degustación dos diferentes viños con indicativo de calidade e orixe elaborados por estas adegas, maridados con produtos quilómetro cero e típicos da zona. Así que, se queres desfrutar da enogastronomía vilanovesa, non te perdas a oportunidade de realizar un percorrido polas súas tres adegas.