Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Programa

Programa

A Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa conta cun nutrido programa de actividades.

As propostas gastronómicas combínanse coa tradicional procesión mariñeira na honra á Virxe do Carme, variadas actuacións musicais, as ofertas e descontos da Feira de Oportunidades do comercio local ou a imposición das Insignias de Ouro e Brillantes. Todo elo en cerca dunha intensa semana de iniciativas que fan da localidade o punto de encontro para miles de visitantes de distintas partes do país.

As actividades desenvólvense en diferentes localizacións dentro da propia localidade de Vilanova de Arousa: a Praza do Castro, o Xardín Umbrío, o Parque do Cabo, a Avenida de Recheo e o entorno da estación marítima de Mar de Santiago.

Na última edición, a carpa gastronómica acolleu a máis de 4.500 persoas, establecéndose unha media de 1.500 comensais por cada unha das 4 xornadas festivas. O horario de apertura da carpa é de 12.30 a 16.30, e de 19.00 a 23.00 horas, aproximadamente.

Scroll ao inicio