50 ml de vinagre de sidra ou outro suave como pode ser o de mazá.
100 ml de aceite de oliva virxe extra
Sal
Perexil fresco para decorar opcional
Elaboración:
Picamos moi miudiño os pementos e a cebola, esparexemos un pouquiño de sal, engadimos o vinagre e o aceite, revolvemos e deixamos macerar cuberto de filme transparente ata a súa utilización.
Limpamos os mexillóns raspando a cuncha cun coitelo para eliminar sucidade e adherencias.
Envorcamos os mexillóns nunha pota con medio vaso de auga, poñemos unha tapa e quentamos ao lume ata que chegue a ebulición que será o momento que se abran as cunchas, retiramos do lume e escorremos.
Unha vez amornados imos terminando de abrir os mexillóns deixando soamente a cuncha que conteña a carne. Cortamos cunha tesoira as barbas adheridas á carne.
Se quedase algún mexillón sen abrir durante a cocción, refugámolo.
Colocamos os mexillóns nunha fonte e cubrimos coa salsa vinagreta.
Usamos cookies para asegurarnos de que che ofrezamos a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás satisfeito con isto.AceptarNoPolítica de cookies
Reseñas
Aínda non hai valoracións.