Receitas
Empanada Gallega de Berberecho
Ingredientes (para 4 personas):
- Masa
- 180 g de fariña de centeo
- 150 g de fariña do país ou fariña de forza (fariña de trigo)
- 70 g de MASA NAI de centeo
- 500 g de fariña de millo grao de millo moído á pedra artesanal
- 800 g/ml de auga
- 10 g de sal
- Recheo
- 2 o 3 cebolas grandes
- 3 tomates pequenos en toros finos
- Pemento moído doce e picante
- 3 kg de berberechos frescos
- Chisco de sal
- Aceite de oliva virxe extra.
Elaboración:
- Prefermento
- Unir todos os ingredientes e deixar fermentar unhas 3 ou 4 horas (ou toda a noite na neveira)
- Masa principal.
- Poñer nun cunco a fariña de millo, a de centeo e a de trigo, revolver e ir engadindo auga pouco a pouco
- Agregar o prefermento e integrar ben.
- Engadir o fermento fresco diluído nun par de culleradas da auga que temos para a receita, mesturar ben.
- Por último, agregar o sal e integrar ben.
- Unha vez unidos todos os ingredientes, deixar a masa nun cunco, esparexer a fariña, tapar e deixar fermentar a temperatura ambiente 2 horas ou na neveira toda a noite.
- Recheo
- Envorca os berberechos nunha olla, engade un vaso de auga, tapa e pon o fogo ata que alcance o punto de ebulición e se abran os berberechos. Apaga o fogo, escorre e separa as cáscaras dos berberechos e reserva
- Pela e corta as cebolas en xuliana.
- Poñer un par de culleradas de aceite de oliva nunha tixola e agrega a cebola, esparexe sal, mestura e tapa. Deixa uns minutos ata que a cebola comece a tomar cor, nese momento apaga o fogo, engade os pementos moídos en cantidade a gusto e mestura ben.
- Engade os berberechos, revolve ben, envorca a mestura nun cunco, cubre con film e deixa arrefriar.
- Acende o forno para que se prequente a 190º con calor abaixo e aire (a calor abaixo e arriba) e a reixa na segunda guía do forno comezando a contar dende abaixo.
- Recupera a masa, divídea en 2 (a parte que irá abaixo deberá ser un chisco máis grande que a outra).
- Estira a primeira capa da masa e colócaa sobre a bandexa onde a vas a enfornar, reparte o recheo de cebolas e berberechos, cubre cos tomates crus cortados en toros finos, esparexe sobre eles un chisco de sal.
- Estira a segunda parte da masa e cubre a empanada.
- Recorta os bordes e forma un cordoncillo ou repulgue ao redor asegurándote que queda ben selada.
- Emprega os recortes para decorar a empanada.
- Fai un buraco no centro para que actúe de cheminea e pincha toda a superficie coa punta dun coitelo ou un garfo.
- Pinta con ovo e enforna durante 50 minutos ou ata que a vexas moi douradiña.
- Retira do forno e deixa arrefriar sobre unha reixa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.