Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Receitas

Receitas

Receitas

Receitas

Croquetas de Berberecho

Ingredientes (para 4 personas):

  • 1 quilogramo de berberechos
  • 1 cebola
  • 40 gramos de fariña de trigo
  • 50 gramos de manteiga
  • 350 mililitros de leite
  • 1 vaso de auga dos berberechos
  • 2 ovos
  • 250 gramos de pan rillado
  • 1 vaso de aceite
Croquetas de berberechos

Elaboración:

  • Limpa os berberechos e refuga os que estean malos ou abertos. Colócaos nunha cazola cun vaso de auga e cóceos. Cando vexas que están abertos apaga o fogo.
  • Deixa atemperar os berberechos, saca a carne e resérvaa. Por outro lado, cola a auga da cocción e gárdaa, xa que a usarás para que as croquetas de berberechos queden máis saborosas.
  • Pica a cebola moi pequena, pon una cazola ao fogo coa manteiga e doura a cebola.
  • Cando a cebola estea dourada, engade os berberechos picados e mestura ambos ingredientes.
  • Incorpora a fariña, mestura e cociña durante un par de minutos para que a fariña non quede crúa.
  • Bota pouco a pouco uns 150 ml de auga da cocción dos berberechos, mesturando para que se vaia formando unha salsa espesa.
  • Engade o leite tamén pouco a pouco e removendo. Mesturamos sen parar de remover ata que se forme unha bechamel. Neste punto, proba de sal e rectifica se é necesario, aínda que o berberecho xa ten moito sabor.
  • Cando vexas que a masa se despega da tixola é que xa está lista e podes apagar o fogo.
  • Saca a masa e pona nunha fonte para que arrefríe. Unha vez fría, métea na neveira un rato, así se compactará un pouco e poderás formar mellor as croquetas. Pódese deixar dun día para outro.
  • Bate os ovos nun cunco e noutro pon pan rillado. Saca a masa da neveira e ve formando bolas alargadas para pasalas primeiro polo ovo e logo polo pan rillado.
  • Pon unha tixola ao fogo con abundante aceite e, cando estea o aceite ben quente, frite as croquetas de berberechos caseiras os poucos para que non se peguen. Dálles a volta se é necesario para que se douren por todas partes.
  • Conforme as vaias sacando da tixola colócaas nun prato con papel de cociña para que absorba o aceite que solta.

Comparte:

Comentarios (0)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Croquetas de Berberecho”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × 1 =

Outras receitas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Croquetas de Berberecho”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × one =

Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto