Receitas
Receitas
Receitas
Receitas
Croquetas de Berberecho
Ingredientes (para 4 personas):
- 1 quilogramo de berberechos
- 1 cebola
- 40 gramos de fariña de trigo
- 50 gramos de manteiga
- 350 mililitros de leite
- 1 vaso de auga dos berberechos
- 2 ovos
- 250 gramos de pan rillado
- 1 vaso de aceite
Elaboración:
- Limpa os berberechos e refuga os que estean malos ou abertos. Colócaos nunha cazola cun vaso de auga e cóceos. Cando vexas que están abertos apaga o fogo.
- Deixa atemperar os berberechos, saca a carne e resérvaa. Por outro lado, cola a auga da cocción e gárdaa, xa que a usarás para que as croquetas de berberechos queden máis saborosas.
- Pica a cebola moi pequena, pon una cazola ao fogo coa manteiga e doura a cebola.
- Cando a cebola estea dourada, engade os berberechos picados e mestura ambos ingredientes.
- Incorpora a fariña, mestura e cociña durante un par de minutos para que a fariña non quede crúa.
- Bota pouco a pouco uns 150 ml de auga da cocción dos berberechos, mesturando para que se vaia formando unha salsa espesa.
- Engade o leite tamén pouco a pouco e removendo. Mesturamos sen parar de remover ata que se forme unha bechamel. Neste punto, proba de sal e rectifica se é necesario, aínda que o berberecho xa ten moito sabor.
- Cando vexas que a masa se despega da tixola é que xa está lista e podes apagar o fogo.
- Saca a masa e pona nunha fonte para que arrefríe. Unha vez fría, métea na neveira un rato, así se compactará un pouco e poderás formar mellor as croquetas. Pódese deixar dun día para outro.
- Bate os ovos nun cunco e noutro pon pan rillado. Saca a masa da neveira e ve formando bolas alargadas para pasalas primeiro polo ovo e logo polo pan rillado.
- Pon unha tixola ao fogo con abundante aceite e, cando estea o aceite ben quente, frite as croquetas de berberechos caseiras os poucos para que non se peguen. Dálles a volta se é necesario para que se douren por todas partes.
- Conforme as vaias sacando da tixola colócaas nun prato con papel de cociña para que absorba o aceite que solta.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.