Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Programa

Carpa gastronómica

A Praza do Castro acolle durante os catro días de celebración a carpa gastronómica da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa.

Cun aforo de 300 persoas distribuídas en cadeiras e mesas largas, as persoas visitantes poden adquirir diverso tipo de propostas culinarias a prezos populares.

Na última edición, a carpa gastronómica acolleu a máis de 4.500 persoas, establecéndose unha media de 1.500 comensais por cada unha das 4 xornadas festivas. O horario de apertura da carpa é de 12.30 a 16.30, e de 19.00 a 23.00 horas, aproximadamente.

Na última edición, consumíronse neste espazo máis de 400 quilos de mexillón e 200 de berberecho, que foron vendidos en diferentes pratos, cuxos prezos oscilaban entre os 5 e os 12 euros. A venta de billetes realízase na caseta destinada a tal efecto, localizada á entrada das instalacións.

Oferta gastronómica

A oferta gastronómica está composta polos seguintes pratos:

  • Mexillóns ao vapor
  • Mexillóns á vinagreta
  • Mexillóns en escabeche
  • Mexillóns tigre
  • Berberechos ao vapor
  • Polbo á feira (á galega)
  • Empanada de mexillón
  • Empanada de berberecho
  • Empanada galega de mexillón
  • Empanada galega de berberecho
  • Paella de marisco
  • Croquetas de mexillón
  • Croquetas de berberecho

O menú compleméntase con diverso tipo de sobremesas e bebidas. Neste último caso, non falta o Albariño D.O. Rías Baixas, nin tampouco o tinto de Barrantes, refrescos, cervexa e auga. A empresa encargada de ofrecer este servizo foi, un ano máis, Catering Alejandra Salinas.

Os billetes para cada un dos pratos adquírense no despacho de billetes que se atopa á entrada da carpa gastronómica. Unha vez comprado, débese ir á caseta correspondente para trocalo polo prato desexado. Despois, só queda desfrutar do seu sabor mentres que se desfruta das vistas ao mar dende a Praza do Castro.

Scroll ao inicio