Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

As augas de Vilanova de Arousa se cobren de barcos engalanados na procesión marítima na honra á Virxe do Carme

A XXX Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa celebrou hoxe unha xornada marcada polas xentes do mar. As augas da vila cubríronse de cerca de medio cento de barcos engalanados para participar na tradicional procesión marítima na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

 

AutoridadesProcesionCarmenFMB

A celebración comezou pola mañá coa misa solemne na Igrexa parroquial de San Cibrán ás 12.00 horas, mais o rato de maior emoción viviuse esta tarde. Ao redor das 18.30 horas, a imaxe da Virxe do Carme saíu da parroquia para ser trasladada ata a Estación Marítima Mar de Santiago. As autoridades, encabezadas polo alcalde vilanovés, Gonzalo Durán Hermida, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz; o tenente de alcalde e diputado, Javier Tourís; o capitán marítimo, Juan Andrés Pérez, e o xefe da Policía Local, Diego Díaz, realizaron o percorrido a pé ata o peirao vilanovés.

 

Alí esperaban cerca de medio cento de barcos engalanados para iniciar a tradicional travesía ata o Faro de Seixo. Neste punto, realizouse unha parada para completar a emotiva ofrenda floral en memoria das vítimas do mar.

 

ProcesionMaritimaCarmeFMB

Para esta noite prevese o concerto Juntos por la música, de Antonio Barros e Lis Pardo. A cita terá lugar na Praza do Castro (lugar onde se atopa a carpa gastronómica) a partir das 22.00 horas.

Non faltaron durante toda a xornada de hoxe os numerosos comensais que se achegaron á carpa gastronómica. Alí puideron degustar a prezos populares pratos elaborados con mexillóns e berberechos, ademais de outras propuestas como paella de mariscos, empanadas e polbo á feira. O horario de apertura das instalacións, con capacidad para entre 350 e 400 persoas, é de 12.00 a 16.30 e de 20.00 a 00.00 horas.

Entretanto, na Avenida de O Recheo, a Feira de Oportunidades recibiu un goteo constante de visitantes con interese en atopar as gangas do verán. A cita continúa hoxe en horario de 10.00 a 23.00 horas. Pola tarde ofrécese un servizo de ludoteca para a cativada.

 

Multitudinaria verbena nocturna
A noite do xoves resultou especialmente concurrida. O Parque do Cabo convertiuse nun  hervideiro de persoas con ganas de desfrutar dunha noite de verbena, amenizada pola Orquesta Panorama. Cancións para todos os gustos, modernas e tradicionais, encheron de música o parque vilanovés nunha multitudinaria noite de agradables temperaturas.

 

Entrega de Insignias de Ouro e Brillantes

Mañá será a xornada grande da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa. O acto central, presidido polo alcalde, comprenderá a lectura do pregón da celebración, a cargo de Fernando Casal Tacón, fundador de Milladoiro e músico, así como a entrega das Insignias de Ouro e Brillantes.

Nesta ocasión, recoñecerase o labor a favor da cultura desenvolto polo propio pregoeiro, María del Carmen del Valle Vago e a Asociación de Amigos de Valle-Inclán.

Para este acto está prevista a asistencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, e o deputado do Congreso, Juan Andrés Bayón. Tamén acudirán a este acto a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde; o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez; o tenente de alcalde e deputado, Javier Tourís; os deputados Isabel Couselo, Jesús Vázquez, Sandra Bastos e Manuel Alejandro Lorenzo.

Ademais das degustacións na carpa gastronómica e da propia Feira de Oportunidades, ofrecerase unha actuación musical no Xardín Umbrío. Roi Casal porá o broche á celebración cun concerto gratuito ás 21.30 horas.

Scroll ao inicio