Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Receitas

Empanada de Berberecho

Ingredientes (para 4 personas):

  • Masa
    • 500 g de fariña e un pouco máis para amasar.
    • 150 g de aceite de xirasol
    • 150 g de leite
    • 1 ovo
    • Chisco de sal.
  • Recheo
    • 2 ou 3 cebolas grandes
    • 3 tomates pequenos en toros finos
    • Pemento moído doce e picante
    • 3 kg de berberechos frescos
    • Chisco de sal
    • Aceite de oliva virxe extra.
  • Para a terminación.
    • 1 ovo batido
Empanada de berberechos

Elaboración:

  • Masa
    • Preparas os ingredientes, pésaos e os dispós ao redor do cunco no que vas preparar a masa.
    • Envorca a fariña no cunco, engade o sal e o resto de ingredientes, cunha man suxeita o cunco e coa outra mestura ata formar unha bola.
    • Déixaa no cunco cuberta dun pano durante 15 minutos. Mentras preparas o recheo, xa estará lista para usar.
  • Recheo
    • Envorca os berberechos nunha olla, engade un vaso de auga, tapa e pon o fogo ata que alcance o punto de ebulición e se abran os berberechos. Apaga o fogo, escorre e separa as cáscaras dos berberechos e reserva
    • Pela e corta as cebolas en xuliana.
    • Poñer un par de culleradas de aceite de oliva nunha tixola e engade a cebola, esparexe sal, revolve e tapa. Deixa uns minutos ata que a cebola comece a tomar cor, nese momento apaga o fogo, engade os pementos moídos en cantidade a gusto e mestura ben.
    • Engade os berberechos, revolve ben, envorca a mestura nun cunco, cubre con film e deixa arrefriar.
    • Acende o forno para que se prequente a 190º con calor abaixo e aire (a calor abaixo e arriba) e a reixa na segunda guía do forno comezando a contar dente abaixo.
    • Recupera a masa, divídea en 2 (a parte que irá abaixo deberá ser un pouco máis grande que a outra).
    • Estira a primeira capa da masa e colócaa sobre a bandexa onde a vas a enfornar, reparte o recheo de cebolas e berberechos, cubre cos tomates crus cortados en toros finos, esparexe sobre eles un chisco de sal.
    • Estira a segunda parte da masa e cubre a empanada.
    • Recorta os bordes e forma un cordonciño ou repulgue ao redor asegurándote de que queda ben selada.
    • Emprega os recortes para decorar a empanada.
    • Fai un buraco no centro para que actúe de cheminea e pincha toda a superficie coa punta do coitelo ou un garfo.
    • Pinta con ovo e enforna durante 50 minutos ata que a veas moi douradiña.
    • Retira do forno e deixa arrefriar sobre unha reixa.

Comparte:

Comentarios (0)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada de Berberecho”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

15 − 13 =

Outras receitas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada de Berberecho”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × 3 =

Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto