Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Receitas

Receitas

Receitas

Receitas

Mexillóns Á Vinagreta

Ingredientes (para 4 personas):

  • 1 kg. de mexillóns frescos
  • 1/4 de pemento verde
  • 1/4 de pemento vermello
  • 1/2 cebola morada o ceboliña
  • 50 ml de vinagre de sidra ou outro suave como pode ser o de mazá.
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Perexil fresco para decorar opcional
Mejillones a la vinagreta

Elaboración:

  • Picamos moi miudiño os pementos e a cebola, esparexemos un pouquiño de sal, engadimos o vinagre e o aceite, revolvemos e deixamos macerar cuberto de filme transparente ata a súa utilización.
  • Limpamos os mexillóns raspando a cuncha cun coitelo para eliminar sucidade e adherencias.
  • Envorcamos os mexillóns nunha pota con medio vaso de auga, poñemos unha tapa e quentamos ao lume ata que chegue a ebulición que será o momento que se abran as cunchas, retiramos do lume e escorremos.
  • Unha vez amornados imos terminando de abrir os mexillóns deixando soamente a cuncha que conteña a carne. Cortamos cunha tesoira as barbas adheridas á carne.
  • Se quedase algún mexillón sen abrir durante a cocción, refugámolo.
  • Colocamos os mexillóns nunha fonte e cubrimos coa salsa vinagreta.
  • Esparexemos perexil fresco moi picado.
  • Servimos ou refrixeramos ata o momento de servir.

Comparte:

Comentarios (0)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mexillóns Á Vinagreta”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

19 + 9 =

Outras receitas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mexillóns Á Vinagreta”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × two =

Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto