Dous dos produtos identitarios de Vilanova de Arousa son o mexillón e o berberecho. O seu cultivos e pesca, respectivamente, foron levados a cabo por varias xeracións de vilanovesas e vilanoveses que aprenderon das ensinanzas dos seus antepasados.
No que o mexillón se refire, Vilanova destaca por ser a primeira localidade en cuxas augas -da Ría de Arousa- se instalou a primeira batea. Pola súa parte, a pesca do berberecho caracterízase por ser un traballo eminentemente artesanal.
Tanto o mexillón como o berberecho son dous alimentos ideais para incluír dentro dunha dieta sa e equilibrada. Na gastronomía, ademais, resulta do máis versátiles, podéndose incluír en distintas receitas, desde as preparacións máis sinxelas (ao vapor ou en vinagreta) a outras máis completas (como empanadas ou paellas).
Unhas deliciosas preparacións que poderás degustar na Festa de Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa!
Usamos cookies para asegurarnos de que che ofrezamos a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás satisfeito con isto.AceptarNoPolítica de cookies