Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Plans

Turismo de compras

Se por algo destaca Vilanova de Arousa é polo seu comercio local. E así o podes comprobar coa Feira de Oportunidades que se celebra dentro da Festa do Mexillón e o Berberecho.
1-Vilanova centro-Fiesta Mejillon Berberecho

Vilanova Centro

Con só un paseo polo centro da vila, poderás descubrir unha ampla variedade de produtos: roupa, calzado, complementos, enxoval, artigos decorativos para o fogar e de ferraxería, electrodomésticos… E todo elo complementado con outros servizos como percorridos pola localidade en tren, flores, salón de peiteado e estética, e un longo etcétera. A oferta dos establecementos asociados a Vilanova Centro é do máis completa!

Praza de Abastos

Se o que che apetece é degustar o auténtico sabor local, recomendámosche que te achegues ata a Praza de Abastos de Vilanova, localizada no Xardín Umbrío. Aquí poderás atopar produtos quilómetro 0 coas que coñecer de primeira man o traballo da terra e do mar no noso territorio. Todo elo o teu alcance en calquera dos postos dos establecementos integrados na Asociación de Profesionais Umbrío Praza de Abastos.
2-Plaza de Abastos-Fiesta Mejillon Berberecho Vilanova
3-Mercadillo-Fiesta Mejillon Berberecho Vilanova

Mercadillo

E se coincide que un dos días da túa estancia é un venres, non dubides en achegarte pola mañá ao entorno da Praza de Abastos de Vilanova. Alí atoparás o mercadillo semanal do municipio, que dispón de ata 30 postos de venta ambulante con diferente tipo de produtos.
Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto