Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Receitas

Empanada Galega de Mexillón

Ingredientes (para 4 personas):

  • Masa
    • 180 g de fariña de centeo
    • 150 g de fariña do país ou fariña de forza (fariña de trigo)
    • 70 g de MASA NAI de centeo
    • 500 g de fariña de millo gran de millo moído á pedra artesanal
    • 800 g/ml de auga
    • 10 g de sal
  • Recheo
    • 2 ou 3 cebolas grandes
    • 3 tomates pequenos en toros finos
    • Pemento moído doce e picante
    • 3 kg de mexillóns frescos dan 400 g de carne de mexillóns
    • Chisco de sal
    • Aceite de oliva virxe extra.
EMPANADA GALLEGA DE MEJILLÓN

Elaboración:

  • Prefermento
    • Unir todos os ingredientes e deixar fermentar unhas 3 ou 4 horas (ou toda a noite na neveira)
  • Masa principal.
    • Poñer nun cunco a fariña de millo, a de centeo e a de trigo, mesturar e ir engadindo auga pouco a pouco, mesturar.
    • Engadir o prefermento e integrar ben.
    • Engadir o fermento fresco diluído nun par de culleradas da auga que temos para a receita, mesturar ben.
    • Por último, agregar o sal e integrar ben.
    • Unha vez unidos todos os ingredientes, deixar a masa nun cunco, esparexer fariña, tapar e deixar fermentar a temperatura ambiente 2 horas ou na neveira toda a noite.
  • Recheo
    • Envorca os mexillón nunha olla, engade un vaso de auga, tapa e pon o fogo ata que alcance o punto de ebulición e se abran os mexillóns. Apaga o fogo, escorre e separa as cáscaras dos mexillóns e reserva
    • Pela e corta as cebolas en xuliana.
    • Poñer un par de culleradas de aceite de oliva nunha tixola e engadir a cebola, esparexe sal, revolve e tapa. Deixa uns minutos ata que a cebola comece a tomar cor, nese momento apaga o fogo, engade os pementos moídos en cantidade a gusto e mestura ben.
    • Engade os mexillóns, revolve ben, envorca a mestura nun cunco, cubre con film e deixa arrefriar.
    • Prende o forno para que se prequente a 190º con calor abaixo e aire (a calor abaixo e arriba) e a reixa na segunda guía do forno comezando a contar dende abaixo.
    • Recupera a masa, divídea en 2 (a parte que irá abaixo deberá ser un chisco máis grande que a outra).
    • Estira a primeira capa da masa e colócaa sobre a bandexa onde a vas a enfornar, reparte o recheo de cebolas e mexillóns, cubre cos tomates crus cortados en toros finos, esparexe sobre eles un chisco de sal.
    • Estira a segunda parte da masa e cubre a empanada.
    • Recorta os bordes e forma un cordonciño ou repulgue ao redor asegurándote de que queda ben selada.
    • Emprega os recortes para decorar a empanada.
    • Fai un buraco no centro para que actúe de cheminea e pincha toda a superficie coa punta dun coitelo ou un garfo.
    • Pinta con ovo e enforna durante 50 minutos ou ata que a vexas moi douradiña.
    • Retira do forno e deixa arrefriar sobre unha reixa.

Comparte:

Comentarios (0)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada Galega de Mexillón”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 − three =

Outras receitas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada Galega de Mexillón”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × five =

Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto