Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Vilanova de Arousa
Menu
Plans
Turismo de aventura
Situado no corazón da Ría de Arousa, Vilanova ofrécete multitude de propostas de turismo de aventura. No seu amplo abanico de posibilidades non faltan as actividades acuáticas -básico nunha zona costeira como esta-, ademais de rutas de sendeirismo ou propostas cicloturistas. Aquí podes ver as principais actividades de ocio o teu alcance.
Actividades acuáticas
Tanto se prefires unha viaxe tranquila e relaxada entre as bateas da Ría de Arousa como se te apetece facer algo de deporte, Vilanova de Arousa ofréceche diferentes posibilidades. Aquí te deixamos algunhas delas:
- Viaxes en catamarán pola Ría de Arousa
- Percorrido da Traslatio en barco desde Vilanova a Pontecesures
- o Aluguer de pedaletas desde as praias das Sinas e O Terrón
- Aluguer de táboas para practicar paddle surf nas Sinas e O Terrón
- Aluguer de kaiaks para percorrer a Ría de Arousa
- Aluguer de motos acuáticas
Rutas ciclistas e de sendeirismo
Ademais de poder alugar bicicletas de montaña para percorrer a zona dunha maneira diferente, Vilanova de Arousa tamén dispón dun Roteiro de Sendeirismo (válido para BTT) homologdad: a PR G 126 Roteiro dos miradoiro de Lobeira-Faro das Lúas.
Este percorrido parte da parroquia de András e esténdese algo máis de 4 quilómetros. A súa dificultade é fácil -cun desnivel positivo de ata 231 metros- e o percorrido dura arredor dunha hora camiñando. Os principais atractivos deste roteiro de sendeirismo homologado é o desfrute das vistas desde os miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas.
Por Vilanova tamén pasan varios roteiros BTT que che invitan a realizar un percorrido por diferentes parroquias, ademais de ofrecerche a posibilidade de coñecer os municipios lindeiros, como A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa ou Cambados. As posibilidades son do máis variadas!