Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

La fiesta

Colaboradores

A Festa do Mexillón e o Berberecho é posible grazas á colaboración e implicación de diferentes organizacións e entidades do municipio e da súa inmediata área de influencia. Entre elas, destacan as seguintes:

Asociación Nosa Señora do Carme

Agrupación encargada da organización do programa en conxunto co resto de colaboradores. A agrupación fundouse no ano XXXX e, na actualidade, conta con XXX persoas asociadas.

Concello de Vilanova de Arousa

Ademais da organización do acto de entrega das Insignias de Ouro e Brillantes, tamén colabora na posta en marcha das diferentes actuacións musicais.

Confraría de Pescadores A Pastoriza

Encárgase tanto da tradicional procesión en honra á Virxe do Carme (xunto cos actos previos e posteriores ao percorrido da imaxe da santa a través da ría) como da aportación de produto para a carpa gastronómica, que se emprega para a elaboración dos distintos pratos que se venden durante a celebración.

Vilanova Centro

A agrupación de comerciantes de Vilanova de Arousa contribúe ao programa da celebración coa súa Feira de Oportunidades, que suscita gran interese entre o público, dados os grandes descontos aplicados en todos os artigos que se poñen á venda.

Scroll ao inicio