A Festa do Mexillón e o Berberecho é posible grazas á organización do Concello de Vilanova de Arousa e á colaboración e implicación de diferentes organizacións e entidades do municipio e da súa inmediata área de influencia. Entre elas, destacan as seguintes:
Confraría de Pescadores A Pastoriza
Encárgase tanto da tradicional procesión en honra á Virxe do Carme (xunto cos actos previos e posteriores ao percorrido da imaxe da santa a través da ría) como da aportación de produto para a carpa gastronómica, que se emprega para a elaboración dos distintos pratos que se venden durante a celebración.
A agrupación de comerciantes de Vilanova de Arousa contribúe ao programa da celebración coa súa Feira de Oportunidades, que suscita gran interese entre o público, dados os grandes descontos aplicados en todos os artigos que se poñen á venda.
Usamos cookies para asegurarnos de que che ofrezamos a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás satisfeito con isto.AceptarNoPolítica de cookies