Festa do Mexillón – FMB | Vilanova de Arousa

Historia

A Festa do Mexillón e o Berberecho naceu no ano 1994 da vontade da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa por potenciar un dos sectores de maior produción da localidade

Ademais, fíxose coincidir no tempo coa celebración do Día do Carme, patroa dos mariñeiros, algo que se mantivo ata a actualidade.

 

Dende aquela primeira edición, sempre se apostou por poñer en valor ambos produtos a través de deliciosas elaboracións. De feito, a primeira edición contou co cociñeiro Paco Feixó -moi coñecido na época- quen coordinou a elaboración das distintas salas que acompañarían aos produtos. O prezo por prato estableceuse en 100 pesetas. Igualmente, a degustación dos bivalvos harmonizouse con outro dos produtos por excelencia do municipio: os viños da D.O. Rías Baixas.

ColasCarpaGastronomicaFestaMexillonVilanova2

A primeira Festa do Mexillón e o Berberecho desenvolveuse no xardín localizado fronte á Casa do Pescador e congregou a máis de 8.000 visitantes. Aquel 14 de agosto de 1994 consumíronse 6.000 quilos de mexillón e 2.000 de berberecho, superando todas as expectativas xeradas para esta cita.

Co paso do tempo, fóronse incorporando outras actividades como as Insignias de Ouro e Brillantes. Unhas distincións que desde 1997 buscan recoñecer a labor desenvolvida por distintas institucións, asociación e entidades a favor da promoción dos produtos estrela do municipio e do sector do mar. Na actualidade, unhas 80 persoas atópanse dentro deste destacado grupo.

O progresivo incremento da popularidade da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa levou a que esta celebración fose recoñecida en 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ao igual que en número de visitantes, a celebración foi tamén aumentando o seu programa ata chegar a case unha semana de intensa actividade na que se combinan diferente tipo de actividades, pero sempre tendo a degustación gastronómica e a procesión marítima na honra da Virxe do Carme como denominador común.

ProcesionMaritimaVilanova
Scroll ao inicio
Ir alocontido Haz clic para escuchar el texto